PostHeaderIcon Zorregada co cinto





(O lorcho)

Todas as persoas están sentadas en círculo, agás unha que dará voltas ao seu redor, levando un “cinto” (periódico dobrado) na súa man. Cando queira deixarao detrás dalguén e correrá para dar tres voltas completas e sentarse no sitio que quedou libre, procurando non levar golpes no cu co “cinto”. Unha vez que se empeza a correr nunha dirección non se pode variar.


PostHeaderIcon Tiro de corda






(Turra-Soga)

A finalidade deste xogo é a de turrar máis que o equipo contrario. Para xogar fanse dous equipos do mesmo número de xogadores/as. Trázanse 3 liñas no chan; unha central e as outras dúas á mesma distancia. Márcase cun pano o centro da corda. Sitúanse os equipos a ambos lados da corda deixando o pano aliñado coa raia central pintada no chan. Cando a xuíza ou o xuíz o indique, turrarán da corda ata que o pano pase a raia situada máis preto do seu equipo.


PostHeaderIcon Pés quietos








Poderán xogar a pés quietos todos os participantes que o desexen, sendo necesario unicamente empregar unha pelota.

Un dos xogadores, ó chou, é o que queda. Colócase no centro e lanza a pelota ó tempo que di o nome dun xogador. A persoa nomeada recóllea o máis axiña que pode e os demais escapan. Cando a colle berra: “pés quietos” e os demais fican parados no sitio.

O xogador que ten a pelota dá tres saltos cara a un dos xogadores e lánzalle a pelota. Se lle dá, xa ten unha falta; se non lle dá, a falta é para o lanzador. Elimínase un xogador en canto ten tres faltas.

O xogo continúa ata que queda unha única persoa.


PostHeaderIcon Pasa Perico







É un xogo no que dúas persoas se agarran polas mans e forman unha especie de ponte; por debaixo dela debe pasar o resto dos/das que xogan, que estarán en fila. Á vez que se pasa hai que cantar o recitado abaixo indicado. Cando o recitado remate, a persoa que estea debaixo dos brazos quedará atrapada; aqueles/as que facían de ponte daranlle a escoller entre dúas palabras que previamente xa se tiñan adxudicado. Quen quede atrapado/a escollerá unha desas palabras e colocarase detrás da persoa que a elixira.

O xogo continuará e ao final haberá dous equipos, un fronte ao outro; as dúas persoas que facían de ponte agarraranse polas mans e turrarán cara ao seu lado, para facer que as do outro equipo tranpasen unha raia.


“Pasa Perico,
pasa Monteiro,
polas portas
dos carabineiros,
o de diante
corre moito
e o de atrás
aí quedará”.


PostHeaderIcon Palabras en serie








A través das palabras en serie poderemos adquirir vocabulario e descubrir a linguaxe asociativa. Neste xogo poden participar tódalas persoas que queiran.

Para comezar, un dos xogadores dice calquera palabra que se lle ocorra, o seguinte deberá dicir outra palabra que estea relacionada coa primeira e así sucesivamente (por exemplo, “mar”, “peixe”, “barco”, etc.). Cando unha asociación entre dúas palabras non resulta convincente para o grupo, a persoa que a pronuncia ten que explicar a razón pola que a uniu á anterior; se os convence, continúa o xogo, se non, cámbiase a unha nova serie de palabras.


PostHeaderIcon Os zancos







Tamén coñecido cos nomes de “andas” ou “trécolas”, son dous paus feitos en madeira non moi branda e que teñen uns topes onde se pousan os pés. A altura dos zancos debe sobrepasar os ombros das persoas que xogan, unha vez subidas enriba deles.

É un xogo que axuda a ir adquirindo o sentido do equilibrio. Na súa orixe empregábanse para pasar os regatos ou as zonas enchoupadas. Normalmente xógase en terreos amplos, nos que haberá que atravesar un percorrido previamente indicado.

Os zancos móvense coas mans, acompañando a acción dos brazos e a das pernas, sen perder o equilibrio. Pódense realizar carreiras individuais, en relevos, desprazándose cara atrás ou atravesando unha serie de obstáculos que se colocan no percorrido.


PostHeaderIcon Os tres pés







As persoas que xogan agrúpanse en parellas; colócanse unha a carón da outra e atan as pernas máis próximas.

Deberán correr para atravesar unha distancia; cando cheguen á meta, soltaranse, intercambiarán as súas posicións na parella, ataranse de novo e volverán ao punto de partida.

Variantes: realizar a mesma actividade en tríos ou cuartetos.


PostHeaderIcon Os pelouros







Precisamos para xogar cinco pelouros (pedras lisas e redondeadas).

Primeiro, a persoa que empeza lanza os cinco pelouros ao aire e tenta coller un, que será “a coutadeira”.

Despois lanza esta ao aire e tenta coller un pelouro do chan; sucesivamente fará o mesmo cos outros tres.

En terceiro lugar lanzará a coutadeira ao aire e collerá dous pelouros do chan; fará o mesmo cos outros dous que quedaban.

De seguido fará o mesmo collendo tres e despois o último.

Para rematar, tentará coller os catro pelouros á vez. Cando se falla, pásase a vez.

PostHeaderIcon O peón







O peón, tamén chamado trompo, buxaina, bailarete, sevillana… é un xoguete de madeira que leva na súa punta un cravo de ferro (o ferrón) que fai que vire con xeito.

Para poder practicar este xogo, precísase tamén dunha piola, unha corda que se amarra arredor do enredo que fará posible o baile do peón. A parte de arriba chámase “pirucho” e a máis ancha é a “barriga”.

Para decidir quen empeza a xogar pódese botar a sorte da “raia”, que consiste en lanzar o peón cara unha raia. A orde de colocación para empezar dependerá da distancia á que quede cada peón desa raia, sendo o primeiro o que estea máis próximo. Existen moitas posibilidades que se acostuman facer cos peóns; entre elas temos:
  • “O canciño”: báilase o peón e condúcese colocando a piola arredor do ferrón e xuntando os dous cabos nas mans para facilitar o desprazamento do xoguete.
  • “O ascensor”: báilase o peón e fáiselle un lazo coa piola arredor do ferrón. Sen que deixe de bailar cóllese a piola polos dous cabos e afíncase dela cara arriba levantando o peón no aire e recolléndoo bailando na cunca da man, sen que chegue a caer ao chan.
  • “Bailar na man”: báilase o peón e tómase na palma da man, introducíndoo entre os dedos furabolos e o máis grandiño, tentando que baile na cunca da man o maior tempo posible.
  • “A serra”: báilase o peón e colócase a piola arredor del, collida cunha man polos dous cabos e pola dobrez coa outra. Axústase o máis posible ao ferrón e levántase no aire, facendo que o peón vaia dun extremo ao outro da piola.

PostHeaderIcon O pano







Podemos xogar a puntos e sen que ninguén quede eliminado/a; cando todas as persoas saen unha vez, os equipos numéranse de novo e o xogo seguirá ata que un equipo chegue a 20 puntos. O xeito de puntuar sería:

  • Coller o pano e fuxir con el cara á liña de partida, sen que me pillen (1 pto).
  • Deixar que a outra persoa colla o pano e pillala antes de que chegue á súa raia de saída (2 ptos).
  • Coller o pano e fuxir cara á liña do equipo contrario (3 ptos).
  • Facer que a persoa do equipo contrario invada o meu campo sen pillar o pano (4 ptos).

PostHeaderIcon O inspector que todo o ve








A través deste xogo podemos desenvolver a atención, a memoria e a agudeza visual.

Poden xogar ao inspector que todo o ve entre catro e vinte persoas.

Para xogar, primeiro hai que elixir ao chou a unha das persoas que será a que faga de “inspector que todo o ve”; o resto deben sentar en círculo de xeito que no centro se amontoen varios obxectos. O inspector ten un par de minutos para intentar memorizalos, despois sae da habitación. Entón un dos participantes colle un dos obxectos, gárdao e os demais berran “socorro, socorro”. Ese é o sinal para que o inspector volva e averigüe, mediante a observación, cal é o obxecto que falta e quen é o “ladrón” que, unha vez descuberto, pasará a ser inspector.


PostHeaderIcon O gato e o rato

.






Colocámonos en círculo, coas mans collidas, agás dúas persoas: unha que persegue (“o gato”) e outra que fuxe (“o rato”). O rato debe entrar e saír do círculo, pasando entre os/as compañeiros/as, sen que o pille “o gato”. Se o pilla, xogarán outras dúas persoas despois. Cando todas rematen, as mesmas parellas cambiarán de “papel”.


PostHeaderIcon O ferrón







O ferrón e un pedazo de ferro en forma de rosca de pan, con un burato no medio, co que se tira a unha distancia onde está chantado un clavo na terra, que ten descuberta só a cabeza. O obxectivo básico do xogo é conseguir poñer o ferrón dentro da cabeza, ou o máis cerca que se poida.

1. Elementos do xogo:
  • Pau: chantado na terra verticalmente 1 metro
  • Ferradura

2. Xogadores:
  • Un equipo compónse de tres xogadores/as e dúas persoas suplentes.
  • Poderán efectuarse dous cambios durante a celebración da partida.
  • Para que o equipo inscrito poida participar, terán que atoparse no terreo de xogo, ao menos tres xogadores/as.
  • Podénse celebrar partidas individuais.

3. Forma de xogo:
  • Cada xogador/a tira a peza ou ferradura 10 veces.
  • O xogo consiste en lanzar a ferradura, co fin de introducila dentro do pau, tendo en conta as características especiais que posee a ferradura en canto a súa forma e abertura.
  • A forma de puntuar é da seguinte forma: 5 puntos no ferrón, 2 puntos na primeira circunferencia e 1 na segunda máis grande.
  • A distancia a lanzar a ferradura será de 12 metros.
  • A orde de tirada establécese mediante sorteo, antes de comezar a partida.
  • Gañará a partida o equipo que teña maior acerto nos seus lanzamentos.

4. Xuíces:
  • O xogo arbitral estará formado por un/ha xuíz árbitro e un/ha xuíz anotador/a.
  • Ditos árbitros/as levantarán acta das incidencias e resultados da partida.

5. Competicións:
  • Pódese organizar competicións. Dándose neste caso dous puntos ao equipo gañador e unha ao equipo perdedor.
  • Tamén se pode organizar competicións en forma de eliminatoria, sendo eliminado equipo perdedor.

PostHeaderIcon O aro







Empezaremos falando dos nomes dos utensilios do xogo (o aro e a guía). Seguiremos explicando como coller a guía para que o aro poida rodar.

Despois procuraremos que as persoas que xoguen sexan capaces de manter o aro en equilibrio mentres se desprazan.

Para as persoas que xa consigan que o aro xire, marcaremos un percorrido circular con algunha curva polo medio, ou tamén con algún obstáculo. Por último, para as persoas que dominen o xogo podemos facer unha proba por tempos, na que deben pasar un itinerario establecido previamente e facelo no menor tempo posible. Se alguén se sae do circuito marcado, terá que comezar de novo. Antigamente xogábase cunha llanta de bicicleta facendo de aro e un ferro dobrado nas veces de “guía”.


PostHeaderIcon O avión- A mariola







O AVIÓN


O número de xogadores é ilimitado. Para poder xogar ao avión, unicamente precisamos dunha pedra e dun cadro debuxado no chan do seguinte xeito:




Un xogador bota a súa pedra ó primeiro cadro. Salta á pata coxa ese cadro, despois pasa ó terceiro e segue así ata o final. Nos cadros cinco e nove descanso apoiando os dous pés. Para regresar dáse media volta e avanza recollendo a pedra ó chegar ó lugar no que está.

A continuación lanza a pedra ó segundo cadro e repite o proceso. Se falla nalgún momento por non lanzar a pedra ó lugar indicado ou por pisar mal, comeza de novo.

Se consegue completar o cadro, marcará un cadro no que os demais xogadores non poderán pisar, él si.


A MARIOLA

Xogo moi coñecido no que hai que ir desprazando un obxecto plano a través dun determinado percorrido; marcaremos os cadros no chan, adaptándoos no tamaño ás idades dos e das participantes. Se alguén lanza fóra do sitio que lle corresponda, deixa o obxecto enriba dunha raia ou ben pisa esta, cederá a súa vez ao xogador seguinte.

Os/as máis pequenos/as só lanzarán e recollerán o obxecto, pasando á pata coxa ou parando cos dous pés nos cadros marcados.

Os/as medianiños/as terán que ir golpeando co pé o obxecto lanzado.

Os/as mayores terán que ir á pata coxa e golpear o obxecto lanzado, pasando por todos os números marcados en cada cadro do chan.


PostHeaderIcon Carrilanas







As carrilanas son uns vehículos de madeira, construídos por quen está a xogar, que normalmente teñen rodamentos que fan de rodas, un guiador, un ou dous eixos e tres ou catro rodas.

A actividade a realizar é a de desprazarse enriba delas e realizar un percorrido que se establece de antemán.

Para as persoas máis novas pódense facer carreiras en terreos lisos nos que unha empurra e a outra guía, intercambiando as posicións ao rematar o percorrido.

Para o resto fanse descensos por camiños costaneiros, dun xeito individual, procurando facelo no menor tempo posible.

Son sonados os descensos de carrilanas que cada ano se disputan en Esteiro (Muros) ou en Valdoviño.


PostHeaderIcon Carreira de sacos

.





As regras principais deste xogo son as que seguen:
  • Márcase nun rectángulo unha liña de saída e outra de chegada; a distancia será variable dependendo das idades dos participantes.
  • Na liña de saída cada xogador métese de pé nun saco agarrándose coas dúas mans.
  • Cando se indique o comezo do xogo, iniciarán unha carreira dando pulos ata chegaren á meta.
  • Pódese facer o percorrido de ida e volta ou relevos entre varios corredores do mesmo equipo.

PostHeaderIcon Buscalume







Xogo coñecido no que inicialmente quen apanda sitúase no centro e o resto ocupa a súa esquina correspondente. De seguido quen apanda achégase a un compañeiro ou compañeira e dille o seguinte:

  • Nesta casa hai lume?
  • Non, naquela hai lume (sinalando unha esquina).

Entón o resto deberá cambiar de esquina, procurando que quen apanda non ocupe unha delas.


PostHeaderIcon Bolos celta







Este tipo de bolos xógase fundamentalmente nos concellos de Nigrán e Gondomar (na comarca do Val Miñor). Tamén se practica en países de América do Sur, como o Uruguay e a Arxentina.

O terreo de xogo debe ser chan e de terra batida. Tén unha zona de lanzamento, nunha pedra de 2 m por 40 cm, que estará elevada 35 cm sobre do chan. A uns 6 m dela estará a pedra boleira (1,20 m por 70 cm), colocada en pendente do 15%, con lixeira caída cara a liña de 10 e á mesma altura que a zona de lanzamento.

Os bolos son 18 e colócanse xuntos, enriba da pedra boleira. Están feitos en madeira, teñen unha altura de 15 cm, rematan en pico e posúen unha base circular de 7 cm de diámetro que estará cortada cun desnivel do 15% (igual ao da pedra boleira). As bólas son de madeira dura (quebracho, normalmente), cun diámetro de 10 cm e un peso arredor dos 900 gr.

A liña de tanteo (raia de 10) sitúase a un radio de 25 m do centro da pedra boleira. A uns 30 m da pedra boleira haberá unha valla de 4-5 m de altura, que servirá para deter os bolos, evitando o seu deterioro. Pódese xogar individualmente, en parellas ou por equipos (estes de 4 persoas).

O obxectivo do xogo é lanzar a bóla contra os bolos para derrubalos e ao mesmo tempo facer que a bóla e o maior número posible de bolos sobrepasen a liña de tanteo. Para puntuar, a bóla sempre deberá sobrepasar a liña de 10. Lánzase a pé parado desde a zona de lanzamento, caendo diante desta unha vez soltado a bóla. Cada bolo que pase a liña de tanteo valerá 10 tantos e o resto dos bolos caídos valerán un tanto cada un.

Os xogos son a 50 tantos e unha partida consta de catro xogos. Cada persoa deberá lanzar tres bólas consecutivas, “plantando” de novo os bolos que se derruban despois de cada lanzamento. Cando fai os tres lanzamentos, entón efectuará o birle (lanzar rodando tres bólas desde un curruncho da liña de tanteo). Neste caso non se plantan os bolos derrubados, a non ser que se derruben todos. Cada bolo do birle vale 1 punto.

PostHeaderIcon Birlos ao canteiro







Precisamos dúas ou máis bólas, construídas de madeira dura e de un a tres quilos de peso; son esféricas, duns 15 cm de diámetro. Tamén –cando menos- 7 birlos; éstes terán entre 7 e 10 cm de altura, torneados con unha soa cara de apoio e coa outra en forma de lámpada eléctrica.

O xogo practícase nun terreo chan e libre, no que se marca a zona de lanzamento (Fite), a liña de 10 m e a liña de 15 m (medidos desde a Lastra).

Interveñen cando menos dúas persoas que xogan enfrontadas, aínda que poden participar catro ou máis, por parellas ou equipos. Colócanse os sete birlos enriba dunha laxe dura (Lastra), que está situada a ras do chan.

Quen lanza ponse no Fite, que está colocado a 3-5 metros da Lastra e arrebola a bóla contra os birlos, tratando de derrubar o maior número posible. A puntuación, a modo sintético, obtense do seguinte xeito:

  • Aqueles birlos que non cheguen á liña de dez obteñen tres puntos cada un.
  • Os que pasen da liña de dez, dez puntos cada un.
  • Os que pasen da liña de quince, quince puntos cada un.
  • Porén, se a bóla non pasa da liña de dez, a persoa que lanzou nin suma nin resta puntos.

A segunda parte consiste no chamado “desquite”, que non é outra cousa que unha tirada desde a liña de 10 cara a lastra onde foron de novo colocados os birlos. Os birlos derrubados nesta tirada realizada do revés valen 3 puntos cada un, mais este lanzamento non se poderá realizar tampouco se a bóla non tivese ultrapasado a liña de 10 m no lanzamento inicial. Cando no lanzamento un xogador non puntúa, e no birle tampouco, o equipo perde a man e o contrario pasa a lanzar de primeiro.

As partidas acórdanse a sesenta puntos normalmente, e gaña a persoa, a parella ou o equipo que antes os acade. Pódese acordar a calquera outro número de puntos ou a un certo número de tiradas.

Actualmente, na Órrea (Riotorto-Lugo) son frecuentes as partidas dominicais, semana tras semana. Birlos e bólas, por outra parte, adoitan gardarse en sacos enterrados na terra, de domingo a domingo, para que non perdan peso.

PostHeaderIcon Brilé







Xogo moi coñecido, no que podemos empezar tendo unha persoa “brilada” por equipo, para axilizar o desenvolvemento do xogo; unha vez que “brilan” a alguén do equipo das persoas “briladas”, estas pasan a ocupar a zona de xogo que lles correspondería nun principio. Como variantes deste xogo podemos vivenciar:

  • Xogar con dous balóns.
  • As persoas que son briladas pasan a xogar co outro equipo.

PostHeaderIcon As sete e media







O número de participantes neste xogo é ilimitado. Para poder practicalo precisamos de varias moedas, pedras ou similares. Unha vez teñamos este material, debuxaremos o gráfico seguinte no chan e dende certa distancia marcada por unha raia, iremos lanzando moedas ata completar sete e media ou achegarse o máximo posible a esa cantidade. Cando unha moeda cae nunha raia, o seu valor é media.


PostHeaderIcon As lombas







Unha persoa cómbase, agachando a cabeza e flexionando o tronco; o resto colócase en fila, de fronte a esa persoa. O/a primeiro/a, á vez que salta dirá unha frase e fará un determinado tipo de movemento coas partes do seu corpo. As frases e as accións serán:

  • Á unha, saltar a mula (saltar pousando só as mans).
  • Ás dúas, salto e pégoche un couce (saltar dándolle cun pé no cu).
  • Ás tres, a Cruz de San Andrés (saltar e caer coas pernas abertas e brazos en cruz).
  • Ás catro, cuada que te parto (saltar e dar co cu no lombo do/da que apanda).
  • Ás cinco, maior ou menor brinco (saltar atrás ou diante do que indique a persoa que eva o xogo).
  • Ás seis, “meis” (saltar, beliscando no lombo).
  • Ás sete, cachete (saltar, dando unha palmada no cu a quen apanda).
  • Ás oito, pan viño e biscoito (saltar, dar co pé no cu e cuada no lombo).
  • Ás nove, abre o paraugas que chove (saltar, facendo que abrimos un paraugas).
  • Ás dez, estatuas unha e outra vez (saltar e quedar estáticos/as, sen tocarse entre sí).

PostHeaderIcon As chapas

Material : Taponciños de refrescos
Espazo: Terreo no chan no que se dibuxa un camiño con ou sen atrancos


Participan un máximo de seis xogadores e bótase sortes para ver que comeza. As chapas lánzanse dándolles un golpiño coas unllas para avanzar polo camiño que está marcado no chan.

Dependendo das idades, podemos realizar diferentes actividades coas chapas:
  • Os/as máis pequenos/as terán que pasar un camiño marcado no chan en forma de serpe (se alguén se sae do camiño non terá que volver ao principio).
  • Para os/as medianiños/as, estreitaremos o camiño (se alguén se sae do camiño terá que volver ao principio).
  • Para os/as máis grandes, colocaremos obstáculos no camiño (cárcere, pozo, areas movedizas, morte…); que caia nalgún destes obstáculos pasará unha, dúas, tres veces sen tirar ou mesmo volverá escomezar o xogo (se cae na morte, que será o peor dos atrancos).

PostHeaderIcon As bólas







Adaptaremos as variedades existentes deste xogo ás idades dos/as participantes:
  • As persoas máis novas poden xogar a ver quen deixa a bóla máis cerca dunha raia (o xogo irá a dez puntos, conseguindo un punto quen quede máis cerca e dous se queda enriba da raia).
  • As medianas en idade xogarán a ver quen dá tres veces na bóla dalgunha compañeira ou compañeiro (cando a alguén lle ocorra iso quedará eliminado/a).
  • As persoas maiores poden xogar a botar fóra dun círculo grande as bólas dos/das demais (quen vai fóra ou a quen boten fóra quedará eliminado/a ata que remate o xogo).

PostHeaderIcon Arrincar cebolas








Este é un xogo que serve para coñecer o corpo e perderlle o medo ó contacto físico. A él poden xogar tódalas persoas que o desexen.

Para xogar, unha persoa séntase no chan apoiada nunha parede coas pernas abertas e, diante dela, van sentando máis persoas na mesma posición, agarrándose con forza pola cintura: son “as capas da cebola”. O xogador, de pé, colle das mans ó primeiro da fila e tira del para intentar “arrincalo”; cando o consegue, o “arrincado” sitúase detrás del, agarrándoo á súa vez pola cintura e axúdalle a tirar do seguinte, así ata que os arrinquen a todos.

PostHeaderIcon A zoadeira






(Dálle que dálle)

Utilizando un botón, haberá que pasar un cordón polos furadiños e atar os dous extremos para que o botón quede preso. Para probar se funciona, débese coller con dous dedos os extremos e darlle unhas voltas ao botón, que comezará a xirar e zoar sen parar.

PostHeaderIcon A ra







É un xogo para practicar nun espazo aberto e en calquer época do ano. Trátase dun xogo de precisión que pertence os tradicionalmente chamados “de burro”. Consiste no lanzamento duns discos metálicos (pellos), dende unha distancia marcada (que oscila entre 2 e 3 metros) a unha caixa con cinco furados, dúas argolas, un moíño e unha rá, sendo o obxectivo do xogo introducir os pellos na boca da rá ou –no seu defeito- por algún dos outros furados da mesa. En función de onde se metan os pellos haberá variacións na puntuación.

Os elementos básicos do xogo son a mesa de rá e oito fichas ou discos de ferro (pellos). Serán redondas de 38 mm. de diámetro e de 60 gramos de peso. A mesa da rá debe ser preferentemente de madeira co fin de evitar ruidos. Pódese utilizar outros materiais como o ferro. A mesa poder ter dez furados, algúns deles con obstáculos. As dimensións da mesa son:
  • Altura: de 80 cm. a 1 metro.
  • Largo e ancho: 50 x 50 cm.

Os equipos estarán formados por seis xogadores/as, catro deles titulares e dous reservas. Cada xogador/a lanzará oito fichas ou discos por tirada. Todas as persoas compoñentes do equipo efecturarán os lanzamentos seguidos.

Os lanzamentos á boca da rá realizaránse á distancia de tres metros e medio. Ésta poderá ser reducida especialmente aos xogadores/as máis novos/as. As partidas xogaránse a dez tantos, contabilizándose cada vez que se introduce unha ficha na boca da rá, un tanto.

Xógase cun determinado número de pellos (habitualmente 8 ou 10) e de voltas. As puntuacións que se otorgan aos diferentes obstáculos que aparecen na mesa son: Rá: 50 puntos, Moíño: 25 puntos, Argolas: 10 puntos, Furados: 5 puntos. Nalgúns lugares varía a puntuación.

Todas as persoas xogadores/as usarán as mesmas fichas e mesa durante a partida. Se unha ficha lanzada por un/ha xogador/a quédase na boca da rá, non se considerará tanto válido ata non ser introducida polo mesmo xogador, coa axuda doutra ficha.

Respetarase a orde de saída. As persoas participantes que comencen os partidos deben terminalos, salvo en caso de lesión, sendo descalificado o equipo que non cumpla esta norma.
Durante o desenvolvemento da partida, poderá alterarse a orde de tirada entre as persoas compoñentes dun mesmo equipo, sempre que ao final da mesma, todos lanzaran o mesmo número de fichas.

Pódense organizar partidas en forma de liga. Nestas competicións o equipo gañador (ou xogador/a ganador/a se é individual), concederáselle dous puntos. Se a partida termina en empate, un punto a cada un.

En campionatos oficiais non se admitirán mesas de rá que teñan “molinitos”, pontes, etc., sendo soamente válidas as que presenten a rá reglamentaria. En campionatos, torneos, as persoas participantes non deberán aportar diñeiro nin recibilo, aconsellando a extensión desta norma a todas as partidas amistosas.

O equipo arbitral estará composto por un/ha Xuíz árbitro e un/ha Xuíz anotador/a, que irá recollendo nas actas as incidencias da partida. Deberán levar un brazalete ou outro distintivo que os/as acredite como tal.

PostHeaderIcon A porca







Trátase dun xogo moi estendido, con elementos semellantes ao jockey ou ao golf, deportes popularizados moito despois da existencia da porca (tamén chamada Pino ou Cachona nalgunhas zonas).Foi un xogo infantil, xogado no inverno, mentres se coidaba do gando.

Os elementos do xogo son un pau da porca (caneira, cacheira, moca), feito tradicionalmente de uz, de catro a seis cuartas de lonxitude, e unha bóla (porca, pino), feita de madeira dura e de seis a doce centímetros de diámetro. O campo de xogo ten que ser aberto, con tantos buratos (nichos) como participante haxa, repartidos en circo arredor dun grande burato central (cortello).

O xogo consiste en que o/a porqueiro/a ten que tentar introducir a porca no cortello, mentres o resto tentará afastala canto máis lonxe poida. Se a conseguise introducir, ao berro de: “Hai trocos”, todo o mundo deberá trocar de nicho, momento no que o/a porqueiro/a tentará apoderarse dun destes buratos, ben introducindo a súa moca ben un pé, e deixándolle o seu posto á persoa que ficara sen el. Tamén pode roubarlle o nicho a quen, por saír a atacar ao/á porqueiro/a, deixa abandonado o seu burato.

Pódese xogar á porca de distintas maneiras. Unha delas é aquela na que no principio da partida, o/a porqueiro/a, colocado/a a carón do cortello, bate coa moca na porca, guindándoa o máis lonxe posible. O resto tentará introducir a porca no cortello. Quen o consiga substitúe ao/á porqueiro/a. Outra variante consiste en facer dous equipos de entre 3 e seis persoas con sendos cortellos, que deberán defender evitando que o equipo contrario introduza nel a porca. Gaña o equipo que consegue meter a porca no cortello do equipo contrario o maior número de veces.

PostHeaderIcon A pelota voadora







Este xogo serve para mellorar a coordinación de movementos e aprender a traballar en equipo. Poden xogar ata vinte persoas, sempre en número par.

Para empezar a xogar, distribúense os participantes por parellas e a cada unha delas dáselles unha toalla ou un pedazo de tea. As parellas, formando unha fila, deben manter a súa toalla extendida e pasarse unha pelota de parella en parella utilizando só a toalla para lanzala. Os que lles caia a pelota deben sair da fila, así vanse creando ocos que aumentan a dificultade de facer “voar” correctamente a pelota.

PostHeaderIcon A goma







Para o xogo da goma precísase unha goma elástica de polo menos tres metros de lonxitude. Átanse os dous cabos e xa temos a goma preparada para xogar. Por veces débese saltar a goma, outras veces debémola prender cos pés, estirala e cruzala, outras veces debemos pisala.

Para comezar, dúas persoas colócanse unha fronte á outra, mantendo a goma tensa. Suxeitarán a goma con diferentes partes do corpo, a diferentes alturas do chan, tendo as dúas partes da goma paralelas entre si e paralelas ao chan.

O terreo de xogo a ser posible será liso. Cando se erra en calquera fase do xogo débese ceder o posto á seguinte persoa; cando volva xogar, farao na fase na que errara anteriormente.

Podemos comezar xogando con diferentes alturas, do seguinte xeito:

  • Primeiras: tendo a goma asegurada polos nocellos.
  • Segundas: coa goma detrás dos xeonllos.
  • Terceiras: coa goma na cintura.
  • Cuartas: coa goma nos sobacos.
  • Quintas: coa goma na caluga.
  • Sextas: coa goma agarrada polas mans en alto por encima da cabeza.

Para complicar o xogo podemos seguir indicando o xeito como debemos saltar: libremente, saltar e deixar os pés quietos ao caer, saltar e caer cos pés xuntos, saltar e caer á pata coxa, saltar cun ollo tapado ou cos dous, saltar a goma que se fai tremer, saltar sen rir, aguantando bromas.

O REMUÍÑO: Comézase tendo a goma na cintura, que sempre se debe agarrar coas mans ao tempo que se salta cos pés. Éntrase por un lado da goma, dicindo “re” (quedando cun pé dentro e outro fóra). Continúase dicindo “mu” (caendo cos dous pés dentro). De seguido dirase “i” (quedando cun pé dentro e o outro fóra polo outro lado ao que se entrara). Remátase dicindo “ño” (deixando os dous pés fóra da goma, polo lado contrario ao que se comezara).

CHOCOLATE: Sáltase á vez que se din as catro sílabas da palabra e colocando os pés do seguinte xeito: “cho” (un pé dentro e outro fóra), “co” (os dous pés dentro), “la” (un pé dentro e outro fóra polo lado contrario ao do comezo) e “te” ( os dous pés fóra polo lado que non se comezara).

Vanse variando as alturas.

PostHeaderIcon A corda







Dentro do extenso abano de variantes que ten este xogo, podemos realizar:

- “O reloxo que dá a hora”. As persoas que dan, van dicindo “Unha vez, unha hora” (todo o mundo terá que saltar unha vez e saír). “Dúas veces, dúas horas” (todo o mundo terá que saltar dúas veces e saír). Así seguirán ata saltaren seis veces seguidas.

- “A barca”. Para saltar á barca precísanse dúas persoas que dean á corda e, como mínimo outra que salte. O adival que se precisa debe ser algo longo e as persoas que dan estarán afastadas polo menos tres metros entre elas. A barca dáse cun movemento pendular do brazo, á esquerda e á dereita, trasmitíndolle á corda esta oscilación. A corda desprázase lentamente cun vaivén, sen chegar a describir tan sequera medio círculo. A persoa que chouta colócase mirando cara a unha das que dan; evitará que a corda lle toque nos pés ou nas pernas, dando saltos laterais á esquerda e dereita, alternativamente.

PostHeaderIcon A chave de Santiago







En Santiago, a distancia entre a base da chave e a liña de lanzamento será de 14,20 metros, debéndose situar quen lanza os pellos, por tras da liña.

A chave será unha peza de ferro en forma de punta de lanza rústica ou lingua, que remata estreitándose na súa base.

Os pellos serán redondos e planos, alisados polas dúas caras, debendo ter de 500 a 550 gramos de peso.

En cada partida han participar obligatoriamente catro persoas, emparelladas dúas e dúas. Cada unha lanzará dous pellos por tirada. Os pellos que non atinen na chave hanse contabilizar por tantos (cada pello un tanto) por proximidade coa chave.

A puntuación oficial de cada partida é de 100 tantos. Cada pello que golpee na chave terá gañado un valor de 8 tantos, tendo que ser o lanzamento directo, sen rebotes nin ter petado antes no chan ou no cepo. Non é preciso derrubar a chave para contabilizar unha diana; abonda con rozala. Só se contabilizará cando o pello golpee directamente sobre a chave e esta sexa derrubada cara atrás.

O sistema de anotación consiste en descontar os tantos conseguidos dos acadados pola persoa do equipo contrario. No caso de empate tirarán novamente, comezando a parella que tivese máis tantos.

Observarase unha conduta correcta de deportividade e respecto cara ás persoas do equipo contrario, nomeadamente no momento de lanzar os pellos, debéndose separar como mínimo 2 metros e manténdose fóra da liña de lanzamento en silencio.

Do mesmo xeito, quen estea colocando a chave gardará unha distancia semellante e non fará xestos nin movementos que poidan distraer ou molestar á persoa que lanza.

PostHeaderIcon A chave de Ourense







En Ourense xógase coa chave de pas horizontais. É un obxecto de ferro cun eixo groso duns 75 cm de lonxitude. Na parte superior leva unha, dúas ou tres aspas (ou asas), que viran en sentido horizontal; son de diferente lonxitude, situándose a máis pequena arriba e a máis grande abaixo. O eixo, polo extremo contrario está afiado, para poder espetalo no chan. Os pesos miden 6 cm de diámetro e 18 mm de groso.

O terreo de xogo é unha explanada de 20 m de lonxitude. A liña de lanzamento está situada entre 20 e 30 pasos da Chave. As normas básicas polas que se rexe o xogo en Ourense son:

- Normalmente xogan dúas ou tres parellas, aínda que pode xogar só unha. Cada persoa lanza catro pesos en cada man do xogo.

- As partidas xóganse a un número de xogos acordado de antemán, tendo 60 tantos cada xogo (30 de malas e 30 de boas).

- Os tantos conséguense por bater nas aspas ou por proximidade ao eixo.

- Cada vez que se bate nas aspas súmanse 8 tantos e súmase un punto polo peso máis próximo ao eixo.

- En cada quenda de lanzamentos, os tantos iguais de ambos/as xogadores/as anúlanse; tan só se anotan os tantos excedentes, se é que os houbese. En cada quenda pódense anotar 8 ou 16 puntos de Chave (por bater nas aspas) e 1 por achegamento ao eixo. Se alguén bate cos dous pesos fai unha “xemelga”.

- Se o/a contrario/a bate só unha vez, contabilizará 8 puntos e 1 punto quen deixara o peso máis próximo ao eixo.

- Cando ninguén bate nas aspas poden anotar dous puntos (se os dous pesos dunha mesma persoa quedan máis próximos ao eixo) ou ningún (cando un peso de cada xogador/a está máis próximo ao eixo).

PostHeaderIcon A billarda







Coñecido tamén como Estornela, para xogar precísanse dous paus redondos, de 2 cm. de grosor: o palán (de 30 a 40 cm. de longo) e unha billarda ou billa (de 15 cm., aguzado nos extremos). O espazo no que se desenvolve normalmente debe ser un terreo extenso, chan, sen obstáculos.

As principias normas para o desenvolvemento deste xogo son:

- Pódese xogar individualmente ou por equipos. O obxectivo é acadar un número de puntos previamente pactado. Para conseguilo lanzarase a billarda o máis lonxe posible. Márcase o lugar de saída con dúas pedras –as cepas- separadas entre elas algo menos cá lonxitude do palán.

- Lánzase a billa cara ás cepas, dende 6 m. A persoa que deixe a billarda máis cerca das cepas empezará o xogo.

- Quen ataca ponse onde as cepas, co palán nunha man e a billa na outra; lanzará esta ao aire e golpearaa antes de que caia.

- Nese momento berrará “Palán de billarda” e pousará o palán enriba das cepas. As persoas contra as que xoga tentará chapar (pillar) a billa o antes posible, mesmo no aire. Desde o lugar en que a pillen, lanzarana para aproximala ás cepas.

- Quen ataca terá tres oportunidades para afastar a billarda, baténdolle co palán nun estremo e rematándoa no aire.

- Despois da segunda tentativa, a billa sempre será golpeada desde o chan.

- Esgotados os tres intentos pediranse puntos. Un punto é a medida do palán. O/a atacante calculará os paláns de distancia que hai entre a billarda e as cepas e pedirá eses tantos.

- A persoa contra a que xoga pode dicir “douchas” (se está de acordo, neste caso os puntos son para quen lanzou) ou “mídeas” (se non o está).Pode ocorrer entón que pedira de menos (levará o/a atacante a diferencia de puntos), que pedira exacto (levará o dobre de puntos) ou que pedira de máis (quedará fóra de xogo).

- Sempre lanzará a mesma persoa ata perder a vez. Pérdese a quenda:
  1. Se o/a contrario/a pilla a billarda no aire.
  2. Se ao devolver a billa, esta bate no palán , nas cepas, pasa por debaixo do palán ou queda a menos dun metro de distancia das cepas.
  3. Se quen ataca falla tres veces sen lle dar ao palán.
  4. Se a billarda, logo dos tres avances, queda a menos dun palán das cepas.

PostHeaderIcon A chave de Ferrolterra







Na zona de Ferrol a Chave ten unha soa pa (ou aspa), con forma de dobre lingüeta vertical, que vira sobre dun eixo horizontal apoiado nunha forquita. A Chave mide 52 cm de alto (23 cm de forquita e 29 do espeto que vai ao chan). A forquita tén un vao (de 20 cm) entre gallas (de 4 por 2 cm de ancho) no que vira a pa (de 36 cm de longo por 8 cm de ancho).

Xógase con cinco pellos de 8 cm de diámetro por 2 cm de espesor, cun peso de 750 gr.

A liña de lanzamento está situada a 10,5 m da Chave, en paralelo a esta.

As normas polas que se rexe este deporte tradicional na comarca de Ferrolterra son:

- Xógase en equipos de tres xogadores/as.

- Cada persoa pode ter os seus pellos, que deberán ser iguais.

- Mentres unha persoa lanza, outra do seu equipo estará situada a carón da Chave, para colocar esta na posición que máis lle conveña ao seu compañeiro/a; tamén para recoller os pellos cando lle toque lanzar.

- Cada xogo consta de dúas partidas e cada partida vai a seis mans, lanzando cada xogador/a cinco pellos en cada man.

- Establécese unha orde para os lanzamentos.

- Os equipos lanzarán alternativamente cinco pellos unha persoa dun equipo e despois outros cinco outra persoa do outro equipo. Non se pode mudar a orde de lanzamento. Non se pode pisar a liña de lanzamento. Para que unha chave sexa válida, a pa terá que dar unha volta completa.

- Se o pello rebota no chan, non será válida a chave; pero será válida se o pello bate en calquera parte do armazón e despois fai virar a aspa.

- Cada chave lograda vale un punto. Se houbese empate, seguirían lanzando mans iguais ata desempatar.

PostHeaderIcon A cadea







A persoa que panda persegue aos demais; cando pille a alguén, pandarán as dúas collidas por unha man e pouco a pouco irán formando unha cadea cada vez máis grande.

Se se soltan das mans no medio da persecución deberán correr ata un lugar seguro (refuxio), pois quen está libre tentará darlles golpiños nas súas cabezas. Estes “refuxios” non poden ser pisados polas persoas libres en ningún momento do xogo.

Se “a cadea” rompe tres veces remata o xogo.

PostHeaderIcon Vídeos



Espazo no que podedes observar en directo como desfrutamos dos nosos xogos:

  • VI Festa de Xogos Tradicionais Muimenta

PostHeaderIcon Os nosos xogos





A continuación mostrámosvos un listado dos diferentes xogos que desde XOTRAMU pretendemos recuperar e mostrar a todo aquel que desexe coñecelos:

PostHeaderIcon Contáctanos


Aquí podedes ver, descargar ou imprimir a nosa oferta de actividades. Se queredes contratarnos para a vosa festa, celebración , rúada ou foliada botádelle unha ollada a nosa proposta e contactade con nós.

Para descargar ou imprimir, preme aquí

PostHeaderIcon Axenda






Neste apartado manterémosvos informados das distintas actividades, demostracións de xogos tradicionais, eventos e demais que XOTRAMU realiza por toda Galicia.


PRÓXIMOS EVENTOS


    • 4 de xuño de 2016: VIII Festa de Xogos Tradicionais e X Encontro Escolar de Xogos Tradicionais en Muimenta
     
    • 28 de maio de 2016: Festa de Fin de Curso da ANPA do Colexio dos Escolapios en Monforte de Lemos


    HISTÓRICO
     
    • 5 de setembro de 2015: Son d'Aldea, Santiago de Albá, Palas de Rei
    • 30 de agosto de 2015: Xogos en Novo Mesoiro, A Coruña
    • 23 de agosto de 2015: IV Festa Etnoeume, A Capela
     
    • 9 de agosto de 2015: Festa da Malla en As Anzas, Ribadeo
    • 25 de xullo de 2015: IV Festa da Cultura e da Tradición, Folgoso do Courel
    • 18 de xullo de 2015: Festas do Carme en Ribadeo
    • 11 de xullo de 2015: II Feira Medieval Guímara, Pobra do Brollón 
    • 15 de xuño de 2015: Visita ao CEIP Couceiro Freijomil, Pontedeume 
    •  7 de xuño de 2015: XOTRAMU 2015  
    • 30 de maio de 2015: Festa ANPA Escolapios, Monforte
    •  23 de maio de 2015: IX Encontro Escolar, Melgaço, Portugal
    • 17 de maio de 2015: Contacontos con Celso Sanmartín 
    • 15 de maio de 2015: Centro de Día Vila de Valverde, Cospeito
    •  1 de maio de 2015: Festa da Filloa, Muimenta
    • 18 de abril de 2015: Marei, O Corgo
    • 12 de abril de 2105: Programa Moverse, Deputación de Lugo 
    • 27 de febreiro de 2015: A Candeloria
    • 15 de febreiro de 2015: Feira de Entroido, Muimenta 
    •  23 de novembro de 2104: Visita ao Xeriátrico de Monforte
    •  16 de novembro de 2014: Visita da Directora do Museo Provincial
    • 12 de outubro de 2014: Festas de San Froilán en Lugo, de 4 a 9 da tarde


    • 30 de setembro de 2014: IES Enrique Muruais de A Pontenova, de 11 a 13 hs. Demostración de xogos tradicionais para o alumnado do instituto e para alumnado e profesorado visitante de Bulgaria, Estonia, Polonia e Turquía. Trátase dun proxecto internacional levado a cabo por centros de cada un destes países arredor do Humor.
    •  6 de setembro de 2014: Son de Aldea, xornada de dinamización cultural en Santiago de Albá,  Palas de Rei 
    • 24 de agosto de 2014: III Etnoeume en A Capela
    • 20 de agosto de 2014: Xira da Terceira Idade na Praia Fluvial da Magdalena de 
      4:30 a 8:30. 
    •  17 de agosto de 2014: Festa da Malla na carballeira de Castro de Rei, de 4:30 a 8:30.
    •  1o de  agosto de 2014: III Festa da Malla en As Anzas, Ribadeo de 4 a 7 da tarde.
    •  9 de agosto de 2014: Festa dos Larpeiros en Cervantes.
    • 9 de agosto de 2014: Xogos para pequenos nas Festas Patronais de Castro Riberas de Lea de 5 a 9 da tarde.
    • 19 de xullo de 2014: III Festa da Cultura e da Tradición en Folgoso do Courel
    • 18 de xullo de 2014: Festa da Patria Galega, feira de asociacións en Lugo. 
    • 12 de xullo de 2014: I Feira Medieval Guímara en Pobra do Brollón.
    • 20 de xuño de 2014: Fin de Curso organizado pola ANPA do CEIP Vista Alegre de Burela, Lugo
    • 14 de xuño de 2014: Teatro na Casa da Cultura de Muimenta a cargo da compañía pastoricense Zampalladas. Presentan este ano a peza "Lisístrata" dentro do programa Buxiganga Teatro da Deputación de Lugo. Será as 22:00 e con entrada de balde.

    • 1 de  xuño de 2014: VI Festa de xogos tadicionais XOTRAMU en Muimenta
    • 16 de maio de 2014: CPI Santo Tomé do Carballo, Taboada 
    • 15 de maio de 2014: Xogos tradicionais no CEIP Terra Chá de Román, Vilalba
    • 1  de maio de 2014: Festa da Filloa, Muimenta
    • 15 de abril de 2014: Xornada lúdica no Concello de Ribadeo 
    • 4 de marzo de 2014: Feira tradicional de Entroido 2014
    • 11 de novembro de 2013: Visita do CEIP Mosteiro de Caaveiro de A Capela ao Museo Pedagóxico da Escola Vella de Muimenta
    • 11 de novembro de 2013: IX Edición do Día do Peón, acto central en Muimenta


    • 30 de outubro de 2013: Magosto e xogos tradicionais no CEIP A Fraga de As Pontes
    • 5 de outubro de 2013: San Froilán Asociativo
    • 27 de setembro de 2013: Visita da estudosa Marlies Meijer de Holanda ao Campo da Igrexa Vella de Muimenta e ao seu Museo Pedagóxico.
    • 22 de setembro de 2013: Celebración V de Veciño de Lugo. Entrega do galardón a Xosé de Morán.
    • 22 de setembro de 2013: Visita da Asociación de Amigos dos Cruceiros ao Campo da Igrexa Vella de Muimenta e ao seu Museo Pedagóxico.
    • 11 de setembro  de 2013:  Apertura do curso escolar no CEIP de Meira
    • 8 de setembro de 2013: Festa do 8 en Bretoña
    • 7 de setembro de 2013: Son de Aldea, xornada de dinamización cultural en Santiago de Albá,  Palas de Rei de 4 a 7 da tarde.
    • 1 de setembro de 2013Festa do Río en Muimenta, xuntanza veciñal.
    • 31 de agosto de 2013: II Olimpíadas Rurais en Meira, de 4 a 7 da tarde
    • 31 de agosto de 2013: Festas no barrio lucense de A Milagrosa, de 10 da mañá a 14:30, na Praza da Milagrosa.
    • 24 de agosto de 2013: Concello de Lugo. Xogos tradicionais e populares para a mocidade. De 4 a 8 do serán na Praza de Santa María
    • 24 de agosto de 2013: Feira rural en San Sadurniño
    • 18 de agosto de 2013: Festa da Malla en Castro de Rei
    • 18 de agosto de 2013: Etnoeume, feira etnográfica da comarca do Eume
    • 10 de agosto de 2013: Concello de Lugo. Xogos tradicionais e  populares para a mocidade. De 4 a 8 do serán no Parque de Rosalía
    • 3 de agosto de 2013A Insua, Vilalba. Asociación de Mulleres san Bartolomeu
    • 3 de agosto de 2013: Concello de Lugo. Xogos tradicionais e populares para a mocidade. De 4 a 8 do serán na Praza Maior
    • 28 de xullo de 2013: I Festa da Malla en As Anzas, Ribadeo, a partires das 5 da tarde

    • 27 de xullo de 2013XV Oenach Atlántico en Sedes, Narón. Festa de exaltación do noso pasado celta.
    • 20 de xullo de 2013: II Festa da Cultura e da Tradición en Folgoso do Courel
    • 21 de xuño de 2013: Congreso Internacional de Xogos Tradicionais en Ourense
    • 21 de xuño de 2013: Festa de fin de curso no centro educativo de Barreiros
    •  20 de xuño de 2013: Festa de fin de curso da ANPA no CEIP Illa Verde de Lugo
    • 20 de xuño de 2013: Festa de fin de curso no CEIP de Muimenta
    • 8 de xuño de 2013




    • 2 de xuño de 2013: V Festa de Xogos Tradicionais XOTRAMU 2013


    • 1 de xuño de 2013: Feira de Artesanía en Castro Ribeiras do Lea
    •  25 de maio de 2013: Xornada lúdica tradicional no centro PP Escolapios de Monforte
    • 22 de maio de 2013: Xogos tradicioinais no CEIP de Muimenta
    • 20 de maio de 2013: Visita do Bispo ao Campo da Igrexa Vella e ao seu Museo Pedagóxico
    • 14 de maio de 2013:  Visita do IES Perdouro de Burela ao Museo Pedagóxico da Vella Escola de Muimenta
    • 6 de maio de 2013:Lecer e xogos tradicionais no IES Basanta Silva de Vilalba, dende as 9 da mañá.
    • 23 de abril de 2013: Visita do CEIP de Román ao Museo Pedagóxico da Vella Escola de Muimenta
    •  24 de febreiro de 2013: Proxección do filme galego de animación "O Apóstolo" de Fernando Cortizo
    • 12 de febreiro de 2013: Feira tradicional de Entroido en Muimenta
    • 5 de xaneiro de 2013: Recreación dun belén vivinte a cargo das asociacións da vila de Muimenta
    • 21 de novembro de 2012: Visita do CEIP de Muimenta ao Museo Pedagóxico da Vella Escola
    • 29 de outubro de 2012: Xogos Tradicionais no CEIP de Sobrado dos Monxes
    •  14 de outubro de 2012: Xornada de xogos en Goente, As Pontes
    • 24 de setembro de 2012: Xornada de xogos no Centro Penitenciario de Bonxe
    • 23 de setembro de 2012: Inauguración do Museo Etnográfico da Vella Escola de Muimenta
    • 16 de setembro de 2012: festa de Xogos Tradicionais na Praia de Covas, Viveiro
    • 2 de setembro: Festa do Río en Muimenta, xuntanza veciñal.
    • 1 de setembro:  Festas no Barrio lucnese de  A Milagrosa
    • 20 de agosto de 2012: Inauguración da Praia do Lago en As Pontes, A Coruña
    • 19 de agosto de 2012: A Capela
    • 29 de xullo de 2012: I Festa da Malla en As Anzas, Ribadeo
    • 28 de xullo de 2012:  I Olímpiadas Rurais de Meira, organizadas polo colectivo "M de Meira"
    • 22 de xullo de 2012: I Festa da Cultura e da Tradición en Folgoso do Courel
    • 14 de xullo de 2012: II Festa Interxeracional de Folgoso do Courel en Seoane
    • 21 de xuño de 2012: Festa de Fin de curso organizada pola ANPA do CEIP Illa Verde de Lugo de 17:00 a 19:30
    • 9 de xuño de 2012: "Os vellos non deben namorarse" interpretada polo colectivo pastoricense Zampalladas, na Casa da Cultura de Muimenta
    • 3 de xuño de 2012: IV Edición de Xotramu, no Recinto Feiral Manuel Vila de Muimenta

    • 2 de xuño de 2012: Encontros escolares de xogos populares e tradicionais organizados por Brinquedia en A Estrada  
    • 26 de maio de 2012: Festa Fin de Curso no centro PP Escolapios de Monforte, de 10:45 a 12:45
    • 19 de maio de 2012: Celebración das Letras Galegas na Praza Maior de Lugo
    •  19 de maio de 2012: Xuntanza veciñal en Celeiro de Mariñaos, na mariña Luguesa
    • 1 de maio de 2012: Tarde de xogos populares e tradicionais na Festa da Filloa en Muimenta.
    • 21 de abril de 2012: Xornada formativa para monitores de ximnasio e alumn@s do ciclo superior de actividades deportivas.

    • 21 de marzo ás 5 da tarde na Praza Maior de Lugo: Celabración dó Día da Árbore co colectivo A Cova da Terra "Madeira Xusta"
    • 21 de febreiro a partir das 11 da mañá : III Feira do Entroido en Muimenta



    • 7 de decembro de 2011: Obradoiro de xoguetes sen pilas e sen cables.Programa de lecer para a Ponte de decembro e Lugo

    • 22 de outubro de 2011: Comida de voluntarios Torneo Fútbol 7

    • San Froilán 2011: No antiguo Seminario Menor os días 6, 8, 9 e 10. Dende a tarde ata a noitiña.

    • 24 de setembro de 2011: Kontrashte Fest de 4 a 7 en As Pontes, A Coruña.




    • 11 de setembro de 2011: Praza Maior de Lugo, xornada de xoguetes tradicionais e esquecidos

    • 4 de setembro. Festa dos veciños de Muimenta na Area Recreativa do Miño

    • 3 de setembro de 2011. Festas no barrio lucense de A Milagrosa

    • 27 de agosto de 2011 : IV Mostra de xogos e deportes tradicionais de Santalla, A Pontenova

    • 14 de agosto de 2011: VII Xantar Popular en Valonga, concello de Pol.

    • 14 de agosto de 2011. XI Festa da Malla, Domingo da Meda, Castro de Rei

    • 30 e 31 de xullo de 2011. XIII Oenach Atlántico en Sedes, Narón. Festa de exaltación do noso pasado celta.

    • 24 de xullo de 2011. I Festa Interxeracional de Folgoso do Courel.



    • 19 de xullo. Queres que cho conte? Peza artística que mestura literatura oral, teatro, música e danza a cargo de Palimoco Teatro. Será as 11:30 da mañá na Praza Maior de Muimenta.

    • 25 de xuño. Vodas de Sangue, representación teatral a cargo da compañía Axouxere Teatro de Oleiros. Será ás 21:30 na Casa da Cultura "Manuel Gesto". Entrada de balde ata completar aforo.


    • 25 e 26 de xuño. I Torneo de Fútbol 7 organizado por Xotramu, S.D Muimenta e Clube de Tenis Muimenta, coa colaboración de Reformas Aguiar. Durante a fin de semana no Campo de O Pichón en Muimenta, Avda de Pastoriza.


    • 19 de xuño. IV Convivencia Interxeracional, San Valentín, Fene.

    • 5 de Xuño. III Festa de Xogos Tradiconais, Xotramu, no recinto feiral "Manuel Vila López", en Muimenta.



    • 7 de Maio. Xuntanza de colaboradores de Xotramu no recinto feiral de Muimenta "Manuel Vila López". As 10 da mañá 20 afortunados colaboradores poderán disfrutar dun curso de conducción en circunstancias adversas no circiuto de A Pastoriza. Alí verdadeiros profesionais do volante daranlles uns conselliños para manexar mellor o seu vehículo. As 14:30 xantaremos todos xuntos e pola tarde a xogar para preparar XOTRAMU 2011.
    • 1, 2 e 3 de Abril. Feira de Mostras e Exposicións de Muimenta, MOEXMU. Montaremos un stand na feira onde ofreceremos información sobre quén somos, qué organizamos e buscamos, etc. Búscanse colaboracións.

    • 8 de Marzo: feira de entroido na Praza Maior, en Muimenta. Recreación dos anos 40-50.
    • 1 de Marzo. Excursión ao Mosteiro de Samos a través do programa Km0 da Deputación Provincial de Lugo. Inscricións: ferretería Muimenta e a tenda Desexos.
    • 19 de Decembro do 2010: festival benéfico para recadar fondos para os damnificados en Haití, en Muimenta, coa colaboración da ONG "Axunica". Actuación dos grupos "Gaitas Caivanca", "Pandereteiras Nove Ferreñas" e un cuarteto de clarinete de Meira. Proxección da curtametraxe "Dous días dicen", do director Andrés Goteira. 933,60 euros recadados.

    • 6 de Novembro do 2010: homenaxe a D. Xosé Ramos Silva, mestre da Vila de Muimenta nos anos corenta. Charla e merenda cos seus alumnos. Teatro, representación da obra de Miguel Mihura “sublime decisión” coa colaboración do colectivo “zampallas” da Pastoriza.
    • 23 de Outubro 2010: IV xuntanza Alcongal “junior” en Sanxenxo (Pontevedra).
    • 5 de Setembro 2010: festa do río en Muimenta.
    • 4 de Setembro 2010: festas da Milagrosa, en Lugo.
    • 21 de Agosto 2010: excursión a Santiago: visita o mercado de Abastos de 1870, paseo pola cidade vella, visita guiada polos tellados da Catedral e visita ao MUPEGA para ver unha exposición de xoguetes tradicionais. Tamén fixemos un percorrido pola historia da educación dende os anos da República ata hoxe.
    • 8 de Agosto 2010: VI xantar popular na carballeira de Río Xoan organizada pola asociación Val Longo.
    • 24 de Xullo 2010: cursos de conducción segura en A Pastoriza, xestionados pola empresa PTC.
    • 22 de Xuño 2010: festas de fin de curso nos colexios Novoneyra de O Caurel, e no Insua Bermúdez de Vilalba.
    • 20 de Xuño 2010: III convivencia interxeracional de Fene.
    • 6 de Xuño 2010: 2ª festa Xotramu, en Muimenta.
    • 22 de Maio 2010: colaboración con Brinquedia encargada de celebrar o V Encontro Escolar de xogo tradicional.
    • 1 de Maio 2010: festa da filloa “Xogos Tradicionais”, en Muimenta.
    • 24 de Abril 2010: obra de teatro: A gata sobre o tellado de zinc quente, pola asociación cultural Axóuxere.
    • 16 de Febreiro 2010: feira de Entroido en Muimenta.
    • 2-3 de Outubro 2009: curso de formación sobre o patrimonio lúdico celebrado en Melide, e organizado pola “A.G.X.P.T” coa colaboración da Nova Escola Galega.
    • 6 de Setembro 2009: festa area “Ribas do Miño” Muimenta.
    • 5 de Setembro 2009: festas da Milagrosa, en Lugo.
    • 27 de Xuño 2009: II convivencia interxeracional Xillobre – Fene
    • 13 de Xuño 2009: festa de xogos tradicionais en O Seixo (Mugardos).
    • 31 de Maio 2009: 1ª festa Xotramu,en Muimenta.

    XOTRAMU

    Benvido ao blog de Xogos tradicionais Muimenta.

    Aquí poderás atopar información de todas as actividades que dende XOTRAMU estamos a desenvolver para recuperar os xogos tradicionais dos nosos pais, nais, avós, etc. e que tantos momentos de ledicia nos fixeron pasar cando éramos nenos.

    Séguenos tamen aquí

    Subscríbete ao noso blog

    Recibe as novas de Xotramu por correo eléctronico:

    Visitas do blog