PostHeaderIcon Percorrendo Galicia coa nosa tradición xogateira

Estade atentos e botádelle un ollo á nosa axenda. Seguro que durante este verán andaremos moi pretiño de vós cos nosos enredos. Achegádevos a pasalo ben, xa sabedes que non importa a idade, se non fixádevos na cara deste argalleiro. É un dos nosos xogadores mais noviños, e ponlle moito estilo e xenio a isto de xogar á chave. Todo concentración!!!

PostHeaderIcon VII FESTA DE XOGOS TRADICIONAIS EN MUIMENTA

Un ano mais agardámosvos a todas e a todos en Muimenta o domingo 7 de xuño para celebrar a nosa sétima cita co xogo popular e o deporte tradicional. Achegádevos a Muimenta para disfrutar dunha xornada de ocio sen custe algún para toda a familia, e descubre todo o potencial dos xogos tradicionais.
Se queres tamén podes quedarte a xantar con nós, para non ter que preocuparte de nada durante todo o día. Podes facer a túa reserva no 982-52-80-17.

Anímate e achégate a Muimenta!!

XOTRAMU

Benvido ao blog de Xogos tradicionais Muimenta.

Aquí poderás atopar información de todas as actividades que dende XOTRAMU estamos a desenvolver para recuperar os xogos tradicionais dos nosos pais, nais, avós, etc. e que tantos momentos de ledicia nos fixeron pasar cando éramos nenos.

Séguenos tamen aquí

Subscríbete ao noso blog

Recibe as novas de Xotramu por correo eléctronico:

Visitas do blog